Lugo recuperou o tradicional desfile de gando do San Froilán
Lugo recuperou o tradicional desfile de gando do San Froilán
Participaron exemplares de razas autóctonas galegas
Os animais percorreron a zona vella
Vacas, porcos, galos e galiñas, cabalos, ovellas e ata cans. Os exemplares máis selectos de razas autóctonas galegas encheron hoxe as rúas da zona vella de Lugo no tradicional desfile de gando do San Froilán, que volvía logo de dous anos.
Un desfile que serve para lembrar cando a cidade, ademais das festas do patrón, acollía feira de gando.
O desfile foi seguido por numeroso público que xa tiña ganas de ver os animais andando por dentro da muralla.
Houbo tamén presenza de maquinaria agrícola antiga e de apeiros de labranza. Un acto festivo pero tamén reivindicativo da enorme cabana gandeira da provincia de Lugo, que amosou os seus mellores animais.
No desfile non podían faltar os dous personaxes máis célebres do San Froilán como son o Pelúdez e a Filomena.