Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luísa Villalta adiantouse a moitas realidades que se sofren hoxe en día

Luísa Villalta adiantouse a moitas realidades que se sofren hoxe en día

Unha volta da Academia a literatura das últimas xeracións e da preocupación social

G24.gal 29/06/2023 12:15

Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña no ano 1957. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e alí licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa. Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Era tamén titulada superior en violín, ou violino (como ela lle chamaba sempre a este instrumento). Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela.

Foi unha escritora prolífica e versátil

Autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos en lingua galega. A súa escrita foi premiada varias veces: no certame de relatos curtos Modesto R. Figueirido (1990), por A taberna do holandés; co XIII Premio Espiral Maior (2004), polo seu poemario En concreto; postumamente, co Premio da Crítica Galega á Creación Literaria (2005) tamén por En concreto etc.

A súa experiencia musical, sen dúbida, influíu na súa creación literaria. Diso deixou constancia no ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) e en artigos como A Música e Nós (2002), Poética. Sobre un certo estado de conciencia (2002) ou A lingua dos sons (2003), onde fala da relación entre a palabra e a música e da súa experiencia persoal nos momentos de creación.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural

Participou en seminarios, en recitais de poesía, deu conferencias e colaborou nunha chea de publicacións periódicas, como Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave, Página abierta etc. En moitas destas colaboracións podemos percibir a personalidade de Luísa Villalta e a súa consciencia social, de modo particular nos artigos publicados entre os anos 2002 e 2004 en A Nosa Terra, compilados no Libro das colunas (2005). Sensíbel e contundente, puña en evidencia a hipocrisía política, denunciaba os valores e a apatía dunha sociedade ferozmente capitalista ou criticaba os responsábeis dos desarranxos sociais, sempre do lado das persoas máis desfavorecidas e nun ton construtivo.

Seguramente foi a súa sede de xustiza, a súa sede de sermos un país avanzado, un país culto, o que a levou a implicarse socialmente: formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego.

Conciencia de ser muller

Na súa obra tamén estivo presente a consciencia de ser muller, de vivir nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo. Así, equiparou Isto é poesía, un ruído provocado. […] Isto é tamén unha muller que resiste, e así, no seu poemario Papagaio –entre imaxes tomadas no transcurso da demolición deste barrio da Coruña coñecido pola prostitución–, os seus textos fálannos da vida das putas, empregando esta palabra sen rubores e con toda a dignidade.

A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, por causa dunha parada cardíaca, o 6 de marzo de 2004. Tiña 46 anos e unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas.

Na súa obra poética está Música reservadaRuído, Rota ao interior do ollo, En concreto e Espiral Maior, 2004.

No eido da narrativa Silencio, ensaiamos; Teoría de xogos e As chaves do tempo.

Obras teatrais como Concerto para un home só, O representante, O paseo das esfinxes e As certezas de Ofelia.

Como ensaista publicou O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatralO outro lado da música, a poesía.

Tatmén tivo presenza no xornalismo co O libro das colunas e na traducción co libro  MACCHIAVELLI, Niccolo: A mandrágora, en colaboración con F. Pillado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade