Cargando resultados...
Lula da Silva aumenta a súa vantaxe sobre Bolsonaro
Lula da Silva aumenta a súa vantaxe sobre Bolsonaro
O expresidente podería gañar o domingo sen necesidade de ir á segunda volta
Da Silva logra o 48 % da intención de voto nas últimas sondaxes
G24.gal
27/09/2022 08:19
A cinco días das eleccións presidenciais no Brasil, Lula da Silva amplía a súa vantaxe sobre o actual mandatario, Jair Bolsonaro.
As últimas sondaxes danlle ao expresidente Da Silva, do Partido dos Traballadores, unha superioridade de máis de 17 puntos porcentuais, co 48 % da intención de voto.
Bolsonaro mantense no 31 %. Esta vantaxe eleva as posibilidades de que Lula sexa elixido xa na primeira volta, sen necesidade de segunda.