Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño
Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño
O pelotón percorrerá mañá a provincia da Coruña. 177 quilómetros entre Bertamiráns e o miradoiro do Ézaro
Arrancou O Gran Camiño. A volta por etapas de ciclismo profesional que recupera Galicia. Un evento con vocación de futuro.
Primeira etapa: O Porriño-Vigo. Etapa decidida ao esprinte como se prevía. Etapa de 116 quilómetros con final no centro de Vigo, en que se proclamou vencedor o gran favorito: Magnuss Cort Nelsen.
O corredor de EF Education EasyPost, que gañara, por exemplo, a etapa con final en Monforte na Volta a España, foi finalmente o primeiro gañador do Gran Camiño logo dun final a esprinte vibrante en Vigo.
O pelotón percorrerá mañá a provincia da Coruña. 177 quilómetros entre Bertamiráns e o miradoiro do Ézaro.
O moañés Delio Fernández foi 10º nesta primeira etapa:
"Os tres galegos do Tavira agradecemos os ánimos do público. Para nós é moi importante correr en Galicia. É unha motivación especial"