Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 10.000 persoas visitan a mostra de Picasso en dúas semanas

Máis de 10.000 persoas visitan a mostra de Picasso en dúas semanas

A exposición, no museo de Belas Artes da Coruña, consta de 120 pezas, 68 das cales son do pintor malagueño

Moitas obras reflicten a influencia dos anos que Picasso viviu na Coruña, onde empezou a pintar

Unha muller contempla un dos cadros de Picasso
G24.gal 12/04/2023 13:32

Máis de dez mil persoas visitaron a exposición de Picasso na Coruña, inaugurada hai pouco máis de dúas semanas.

A Consellería de Educación e Cultura está moi satisfeita con este balance cando aínda non empezaron as visitas guiadas nin as escolares.

A mostra consta de 120 pezas, 68 das cales son obras do pintor. Hai obras da etapa coruñesa, onde viviu de neno, entre 1891-1895, e outras posteriores que reflicten, segundo os estudiosos, a pegada que lle deixou a cidade.

"O seu desenvolvemento como artista nace na Coruña"

"Todo o que fixo a partir de aí bebe da súa adolescencia"

"Os comisarios dinnos na propia tese da exposición que o que fixo Picasso no desenvolvemento do seu traballo todo ten unha raíz moi forte e moi ancorada na Coruña", dixo o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade