Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 1.200 escolares pontevedreses asisten a un concerto de banda de música

Máis de 1.200 escolares pontevedreses asisten a un concerto de banda de música

A Escola e a Banda de Música de Salcedo organizan este tipo de sesións, propostas como unha actividade didáctica

Máis de 1.200 escolares de Pontevedra asistiron aos concertos didácticos organizados pola Escola de Música de Salcedo
G24.gal 22/09/2022 14:20

Achegarlles as bandas de música aos máis pequenos e espertar o seu interese por estas formacións é o obxectivo dos concertos didácticos que cada ano organizan a Escola e a Banda de Música de Salcedo en Pontevedra.

As bandas de música son parte importante da nosa tradición e cultura, pero existe a idea de que a súa música vai dirixida a un público maior. Para derrubar eses prexuízos a escola e a banda de música de Salcedo organizan todos os anos concertos didácticos para os escolares do concello.

Este xoves foron máis de 1200 os nenos convidados ao Pazo da Cultura como explica o director da Escola de Música de Salcedo, Pablo Cabanelas.

Para algúns foi a primeira vez que escoitaron unha banda, para outros o seu son xa non era unha cousa allea.

En cada pase houbo un privilexiado, como foi o caso de Violeta á que lle brindaron a oportunidade de coller a batuta e dirixir a banda. E é que outro dos obxectivos da actividade é despertar interese pola música e quen sabe se novos integrantes da banda nun futuro, como explica o director da banda de Salcedo, Alfredo Sánchez.

O que quedou claro hoxe no Pazo da Cultura de Pintevedra é que a música das bandas non é aburrida, e é apta para todas as idades. E o público miúdo é dos máis agradecidos e entregados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade