Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 12.000 familias benefícianse este verán das actividades de conciliación da Xunta

Máis de 12.000 familias benefícianse este verán das actividades de conciliación da Xunta

A conselleira de Política Social visitou os 700 nenos que participan no campamento de Noia

G24.gal 08/08/2024 15:01

Máis de 12.000 familias galegas poden conciliar de mellor xeito a súa vida laboral e familiar nestes meses de verán grazas ao Plan Corresponsables, que ofrece actividades e axudas en máis de 170 concellos galegos. A conselleira de Política Social visitou o campamento de Noia onde participan uns 700 nenos e que vén completar a oferta de conciliación en toda Galicia.

"Máis de 11.500 prazas distribuídas por toda Galiciapara que os nenos pasen un verán inesquecible e que ao mesmo tempo os pais teñan a tranquilidade de que está coidados. Desde a Xunta imos estar a carón das familias e dos concellos, non só durante a etapa escolar, senón tamén nos meses de verán", di Fabiola García, conselleira de Política Social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade