Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 2.000 persoas examináronse en Galicia das especialidades sanitarias

Máis de 2.000 persoas examináronse en Galicia das especialidades sanitarias

Ao MIR presentáronse 700 profesionais e 862 a enfermería

Exame de especialidade de enfermería en Santiago de Compostela
G24.gal 21/01/2023 21:08 Última actualización 21/01/2023 21:35

Máis de 2.000 aspirantes presentáronse en Galicia ás probas de formación sanitaria especializada este sábado. A maioría fixérono para optar ás especialidades de enfermería e medicina pero tamén se examinaron psicólogos, farmacéuticos, biólogos, químicos e físicos. A maior oferta, con 8.550 prazas, foi a de medicina. 

A primeira hora da tarde nas catro sedes habilitadas en Galicia para os exames das diferentes especialidades sanitarias comezaban a convocar os aspirantes que chegaban ata aquí despois de moitos meses de estudo, combinado en moitos casos con horarios de traballo e itinerancia nos centros sanitarios.

"Traballo por quendas, polo cal é máis duro, pero sempre se saca forma de facelo, de estudar e de conseguir o obxectivo".

"Tívenme que poñer en suspensión de chamamentos este ano por coidado dun familiar e entón estudei o resto do tempo que tiven libre. Moita outra xente ten que traballar e estudar ao mesmo tempo. Cada un ten as súas dificultades pero agora... ao que saia!".

Un total de 862 enfermeiras presentábanse en Santiago e Vigo a 1.961 prazas convocadas para todo o Estado. En total, había 7.889 persoas inscritas e tocaba ser a mellor de cada catro para poder elixir especialidade e destino.

Eu creo que o consigo. Quero matrona e está un pouco máis difícil, pero ben. E marcho a onde faga falla, non me importa porque se non acoutamos máis. Vou a onde sexa.

A praza á que vou é matrona pero comunitaria gústame, pediatría tamén. Vou ver, coa mente aberta.

No caso dos médicos en Galicia presentábanse ao MIR 700 candidatos, e en total en España 12.668. A maioría conseguirán unha especialidade nesta convocatoria na que saíron 8.550 prazas. Máis dun terzo delas son de medicina familiar e comunitaria, aínda que esta especialidade é das que menos demanda ten entre os médicos que se presentan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade