Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 20.000 visitantes no belén de Begonte

Máis de 20.000 visitantes no belén de Begonte

É un dos atractivos máis importantes do concello

G24.gal 04/01/2023 20:47 Última actualización 04/01/2023 21:29

Máis de 20.000 persoas pasaron este Nadal polo Belén de Begonte, unha marca que cadra co 50 aniversario da súa inauguración. 

A media diaria de visitantes superou as mil persoas que devecen por ver esta obra colectiva, resultado do labor de varios voluntarios do concello que cada ano traballan para que este belén electrónico continúe aberto ao público.

As súas dimensións e as case cen figuras con movemento axudan a que cada ano reciba máis visitas. Ademais, a entrada é de balde.

Despois de Reis, estará aberto ao público os sábados e domingos ata finais de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar