Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 50.000 persoas participan na manifestación de Barcelona contra a amnistía

Máis de 50.000 persoas participan na manifestación de Barcelona contra a amnistía

A marcha convocouna a Sociedade Civil Catalá e contou co apoio de PP, Vox e C´s

Núñez Feijóo criticou a ausencia de representantes do PSOE

Pere Aragonès: "A manifestación é a constatación dun fracaso"

G24.gal 08/10/2023 14:29 Última actualización 08/10/2023 20:14

Máis de 50.000 persoas, segundo a Garda Urbana, asistiron este domingo en Barcelona á manifestación contra a amnistía aos líderes do proceso soberanista, convocados pola Sociedade Civil Catalá. Os organizadores falan de 300.000 participantes. 

Nunha marea de bandeiras españolas, e algunhas catalás, miles de persoas percorreron as rúas de Barcelona berrando lemas contra Puigdemont, a amnistía e a autodeterminación, e con pancartas contra Pedro Sánchez e algunha tamén contra o REI. Álex Ramos, da SCC.

"Estamos loitando por unha causa común; se non son capaces de facelo os políticos, que se dediquen a outra cousa. Deben ser responsables e non ceder cousas que enfrontan coa outra metade de España".

A manifestación convocada pola Sociedade Civil Catalá, que pediu que non houbese símbolos partidistas, contou co apoio dos máximos dirixentes do Partido Popular, Vox e Ciudadanos.

 "Nin me importa nin busco fotos, eu o que busco é defender a igualdade dos cidadáns".

O líder dos populares, que estivo acompañado por varios presidentes autonómicos, dixo que a medida non busca a reconciliación nin a convivencia, e criticou a ausencia do Partido Socialista. Si asistiu o exalcade da Coruña, antigo militante do PSOE.

"O Partido Socialista está facendo un negocio e o negocio é a presidencia do Goberno despois de perder por sete votos independentistas, e loxicamente nin Cataluña é un negocio, nin é unha sociedade que non respecta as leis nin a presidencia do Goberno de España se pode vender nin transaccionar en base a unha decisión reaccionaria".

 "Por sete votos ninguén pode cambiar o destino dunha nación, de costas aos demais, retorcendo as leis", di Ayuso.

A protesta rematou preto das dúas da tarde coas intervencións desde o escenario da entidade convocadora e a do exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade