Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 90 detidos no Reino Unido nos disturbios de grupos de ultradereita

Máis de 90 detidos no Reino Unido nos disturbios de grupos de ultradereita

As protestas, contra a inmigración e o islam, comezaron tras o ataque contra un centro recreativo de Southport, no que tres nenas morreron acoiteladas

Hai varios axentes feridos, tendas saqueadas e negocios incendiados

G24.gal 04/08/2024 14:43

No Reino Unido, a policía detivo máis de 90 persoas pola violencia xerada en distintas protestas da extrema dereita en varias cidades británicas. 

As protestas, contra a inmigración e o Islam, comezaron despois do ataque contra un centro recreativo de Southport, no que tres nenas morreron acoiteladas.

O autor do ataque foi un mozo de 17 anos nacido en Gales e de pais ruandeses. A ultradereita difundiu falsamente que o agresor era solicitante de asilo.

Os disturbios estendéronse por varias cidades do país. Os asistentes agrediron policías con diferentes obxectos. Hai varios axentes feridos, tendas saqueadas e negocios incendiados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade