En Galicia fixéronse máis de 9.500 transplantes dende o comezo do programa
En Galicia fixéronse máis de 9.500 transplantes dende o comezo do programa
331 transplantes realizáronse o ano pasado en Galicia, son xa máis de 9.500 dende que en 1981 se realizou o primeiro transplante no noso país. Outro dato positivo que deron a coñecer no último balance da Axencia de Doazón de Órganos é que hoxe os pacientes que están en espera para un transplante son a metade que hai dez anos.
Doar salva vidas. A xenerosidade dos doantes e das súas familias mellora a calidade de vida de persoas enfermas e permítelles en moitos casos seguir vivindo, e grazas aos avances tecnolóxicos cada vez máis. E a concienciación medra, é o ano en que menos pacientes hai esperando en Galicia por un transplante dende que hai rexistros.
Ademais crece nun 12 por cento o total de transplantes, 331 fixéronse o ano pasado nos hospitais galegos, a metade foron de ril. O número de doantes é de 109, a taxa supera en medio punto as recomendacións da Organización Nacional de Transplantes e descende en tres puntos o índice de negativas familiares á doazón.
Dende hai 42 anos que comezou o programa, máis de 9.500 galegos e galegas tiveron unha segunda oportunidade grazas a un transplante de órganos.