Galicia, todo un referente nas doazóns de órganos en España
Galicia, todo un referente nas doazóns de órganos en España
O ano pasado fixéronse en Galicia 331 transplantes, un 12 por cento máis ca en 2022
Os pacientes en espera para un transplante son a metade que hai 10 anos
Galicia continúa sendo referencia na doazón de órganos en España tras o balance feito polo Sergas en 2023. O ano pasado fixéronse en Galicia 331 transplantes, un 12 por cento máis que en 2022, e xa van máis de 9.500 dende que se realizou o primeiro en 1981.
Na actualidade, os pacientes en espera para un transplante son a metade que hai 10 anos, e a nosa taxa de doazón supera a cifra recomendada pola Organización Nacional de Transplantes. Un xesto solidario que axuda a salvar moitas vidas cada ano.
Outro dato positivo que deixa o 2023 é un leve descenso do índice de negativas familiares á doazón. Pero a pesar dos números queda moito camiño por andar, sobre todo no rural.
A xenerosidade dos doantes e das súas familias mellora a calidade de vida de persoas enfermas e permítelles seguir vivindo durante décadas, grazas tamén aos avances tecnolóxicos.
Dende o inicio do programa de transplantes en Galicia rexistráronse máis de 3.400 doantes de órganos. Xestos de solidariedade que salvaron moitas vidas.