Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de mil migrantes varados no mar Mediterráneo en tres barcos humanitarios

Máis de mil migrantes varados no mar Mediterráneo en tres barcos humanitarios

Italia e Malta néganse a permitir o seu desembarco

No barco de Médicos sen Fronteiras hai 527 persoas rescatadas No barco de Médicos sen Fronteiras hai 527 persoas rescatadas
G24.gal 04/11/2022 07:56

Máis de mil migrantes están varados no Mediterráneo a bordo de tres barcos de oenegués porque Italia se nega a permitir o seu desembarco. Un dos buques é de Médicos sen Fronteiras, que leva 572 persoas rescatadas hai máis dunha semana en augas internacionais de Malta. Hai tres embarazadas e 60 menores. A oenegué médica alerta que están quedando sen auga nin comida.

O Goberno de Georgia Meloni esíxelles aos países que abandeiran eses barcos, Noruega dous deles e Alemaña outro, que os acollan eles. Malta tampouco respondeu á chamada de auxilio.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade