Máis dun ano sen estrada pola caída dunha ponte no Pereiro de Aguiar
Máis dun ano sen estrada pola caída dunha ponte no Pereiro de Aguiar
Cedeu por culpa dos temporais e a empresa encargada de refacela renunciou polo aumento dos custos dos materiais
O corte da vía, entre A Venda e O Parladoiro, obriga os veciños a daren grandes rodeos
Acaba de adxudicarse a outra empresa que comezará as obras o mes que vén
Tras un ano e pico facendo o mesmo percorrido, os cans xa saben por onde transitar, o único carroucho que quedou en pé tras o temporal.
"O camiño, que é agradable para pasear, está limitado. E os ciclistas tamén se ven afectados", sinala un veciño.
Os coches xa nin se asoman por alí. Levan 14 meses dando rodeos. A estrada, de titularidade municipal, comunica os lugares da Venda e O Parladoiro, no Pereiro de Aguiar, e polo medio colle varias aldeas máis.
"Vai á zona de Quintela, Calvelle, Pardieiros... Teñen acceso tamén polo polígono, pero teñen que dar un rodeo grande". "E ás veces non collen os dous coches. Pasámolo mal". "Eu vou buscar os nenos ao colexio e teño que dar un rodeo, pero hai que ser un pouco sufridos tamén", comentan varios veciños.
Así e todo, sempre hai quen agradece o illamento e, sobre todo, a ausencia de tráfico.
"Eu case o prefiro porque, tal como viñan os coches por aquí, era un perigo", di un pai con nenos pequenos.
O atraso nas obras débese á licitación frustrada do primeiro contrato.
"Xa había unha empresa que o facía, pero ao parecer o presuposto non era axeitado e non o fixeron". "E agora creo que a colleu outra e parece que a van arranxar", explican os veciños.
Acaba de aprobarse a nova adxudicación e desde a Confederación Hidrógráfica, que financia o 80 % das obras, calculan que comezarán a mediados de abril.