Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 30 feridos en Tel Aviv tras bater un camión contra unha parada de autobús

Máis de 30 feridos en Tel Aviv tras bater un camión contra unha parada de autobús

Varias das persoas atropeladas están en estado crítico

As autoridades sospeitan que se trata dun ataque terrorista

A policía e os bombeiros inspeccionan o camión que bateu contra un autobús en Tel Aviv
G24.gal 27/10/2024 10:20 Última actualización 27/10/2024 11:26

Un camión bateu contra unha parada de autobús ao norte deTel Aviv e causou este domingo polo menos 33 feridos, conforme as últimas cifras dos servizos de emerxencia de Israel.

As autoridades sospeitan que se trata dun ataque terrorista xa que o atropelo sucedeu cando os viandantes esperaban preto dunha parada de autobús en Glilot, ao norte de Tel Aviv, informou o servizo de emerxencias Magen David Adom (MDA) e a Policía israelí.

"Unha investigación preliminar mostra que un autobús parou preto da estación para deixar os pasaxeiros en Glilot, e nese momento chegou un camión" e arremeteu contra eles, detallou un comunicado policial, que di que está a investigar o suceso como un posible "ataque terrorista".

Outras fontes cifraron con anterioridade en 40 os feridos.

Os servizos de emerxencias informaran de 16 feridos trasladados a un hospital, seis deles en estado grave. Voluntarios sanitarios do servizo de emerxencias United Hatzalah aseguraban que algunhas persoas seguían atrapadas debaixo do camión cando chegaron a socorrer.

"Algunhas delas foron rescatadas polos equipos de bombeiros en estado grave despois de quedaren atrapadas debaixo do camión. Os membros da unidade de resposta a crises e psicotraumas de United Hatzalah tamén brindaron asistencia no lugar a varias persoas que sufriron conmoción emocional".

Varios civís abateron a tiros o suposto agresor. En 2024, polo menos 34 persoas morreron nun total de vinte ataques perpetrados por palestinos en Israel ou preto de asentamentos ilegais na Cisxordania ocupada. Doce eran uniformados e 22 civís, polo menos nove deles colonos.

O último ataque rexistrouse o 5 de outubro, cando un axente de Policía israelí foi asasinado e catro civís resultaron feridos nun tiroteo preto dun intercambiador entre as cidades israelís de Yavne e Ashdod, segundo o MDA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade