Máis investimentos nas residencias galegas para un modelo de vangarda no coidado dos maiores
Máis investimentos nas residencias galegas para un modelo de vangarda no coidado dos maiores
O Goberno galego vai destinar este ano 600 millóns de euros ao sistema de atención a maiores
Preto de 73.000 galegos benefícianse do servizo de atención á dependencia da Xunta. O Goberno galego vai destinar este ano 600 millóns de euros ao sistema de atención a maiores. A conselleira de Política Social asegurou que Galicia está a poñer en marcha un novo modelo de coidados que porá na vangarda as residencias galegas.
Entre elas a das Gándaras, en Lugo, na que van investir sete millóns de euros. Un modelo de vangarda, segundo Fabiola García, que tamén seguirán as novas residencias que vai ceder a Fundación Amancio Ortega en Santiago e Lugo.
A conselleira subliñou tamén o papel que xogan as 104 casas do maior que funcionan xa en Galicia e o incremento dos centros sociais nos concellos grazas aos case 20 millóns de euros que prevé o plan de investimentos da consellería.