Máis problemas para Biden tras atopárense novos documentos clasificados na súa casa particular en Delaware
Máis problemas para Biden tras atopárense novos documentos clasificados na súa casa particular en Delaware
Máis problemas para Biden tras atopárense novos documentos clasificados na súa casa particular en Delaware
Son seis novas páxinas que se suman aos papeis xa localizados no garaxe da súa propiedade e nunha oficina
Cinco documentos máis. Os axudantes de Joe Biden atoparon máis informes clasificados na casa particular do presidente de EE UU en Wilmington (Delaware), segundo revelou este sábado a Casa Branca, nun novo episodio dunha saga comezada esta semana e que ameaza con complicar o mandato do dirixente demócrata.
Datan da época en que era vicepresidente con Barack Obama
Un dos docuemntos foi localizado nunha estancia adxacente ao garaxe na noite do venres. Os avogados que o descubriron non tiñan permisos de seguridade e por tanto interromperon o rexistro, explicou o conselleiro especial de Biden Richard Sauber, citado polo diario The Hill.
O propio Sauber, que si ten permisos de seguridade, chegou na noite do venres ao lugar e trasladou os documentos ao Departamento de Xustiza. "Mentres os estaba a levar aos responsables do Departamento de Xustiza apareceron cinco páxinas adicionais con selos de documento clasificado entre todo o material. Había seis páxinas en total. Os responsables do Departamento de Xustiza que me acompañaban fixéronse cargo de inmediato deles", relatou.
Con estes xa son dúas ducias os documentos secretos achados en Wilmington. O propio Biden chegou o venres á vivenda e está previsto que pase alí a fin de semana como adoita facer.