Malia o prezo dos combustibles, non baixa o consumo
Malia o prezo dos combustibles, non baixa o consumo
O consumo de carburantes para automoción aumentou un 14,2 % este abril, con respecto do mesmo mes do ano pasado.
A gasolina superou nun 7,5 % o consumo de 2019, antes da pandemia
Os últimos datos da Corporación de Reservas Estratéxicas de Produtos Petrolíferos revelan que o primeiro cuadrimestre deste ano consumimos máis combustible que o ano pasado, e que en abril o consumo foi practicamente igual que o de abril de 2019, antes da pandemia.
En España consumíronse 2,36 millóns de toneladas de combustible en abril, un 8,1 por cento máis que en marzo. Se nos fixamos só nos datos da gasolina, o informe da Cores reflicte un incremento do 25 por cento con respecto de abril do ano pasado.
Con todo, os usuarios afirman que -coa suba de prezos dos combustibles- tentan reducir o uso do coche ao mínimo imprescindible.