Cargando resultados...
O persoal de supermercados de Lugo reclaman melloras salariais e laborais
O persoal de supermercados de Lugo reclaman melloras salariais e laborais
Piden equiparación de condicións respecto ao resto de Galicia
G24.gal
18/06/2023 14:56
Última actualización 18/06/2023 15:08
Os traballadores de supermercados reclaman en Lugo a equiparación de soldo e de condicións respecto aos compañeiros doutras provincias.
Os empregados citáronse diante dun supermercado para reclamar da patronal melloras que pasan pola concesión de medidas sociais como gozar de tres fins de semana libres ao ano ou cobrar o cen por cento durante a incapacidade temporal porque, din, é un sector con gran carga física.
Tamén piden equiparar os soldos porque os traballadores de Lugo veñen cobrando 300 euros menos respecto aos compañeiros da Coruña.