Manu Ochoa impón o seu ritmo e pasa de primeiro no caiac cros
Manu Ochoa impón o seu ritmo e pasa de primeiro no caiac cros
A saída do tomiñés deixou moi atrás todos os seus rivais
Chegou de primeiro con comodidade e facendo unha moi boa manga
Unha carreira case perfecta encumia a Manu Ochoa. O rapaz de Tomiño sorprendeu o mundo olímpico con unha potente actuación que o puxo como o primeiro da carreira número dez. Colleu a cabeza dende o comezo e non a soltou en ningún momento.
A saída foi a clave do padexeiro galego. Situouse na cabeza e non o moveron. Moi seguro para pasar os obstáculos, controlou a distancia cos seus perseguidores en todo momento. E sóubose gañador. Chegando á meta, levantou os brazos e mandou un bico á cámara, contento, e coa confianza de ter o traballo feito. Ben feito.
Pero queda moito por andar. O tomiñés ten as series este domingo, e, de pasalas, xogaríase as medallas o luns. O debut olímpico de Manu Ochoa ilusiona a Tomiño e a toda Galicia. Pode ser a sorpresa da expedición, e traer unha medalla ao pescozo na súa volta á casa.