Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Sánchez marcha cedido ao Alavés

Manu Sánchez marcha cedido ao Alavés

O lateral madrileño estará en Áraba unha tempada, ata xuño de 2025

Suplirá as baixas de Rubén Duarte e de Javi López, que deixaron o club babazorro

Manu Sánchez, en rolda de prensa. Manu Sánchez, en rolda de prensa.
G24.gal 23/07/2024 11:01

Manu Sánchez fai as maletas. O xogador madrileño abandona Vigo e pon rumbo a Áraba, onde xogara a próxima tempada en calidade de cedido. O Alavés incorporou ao mozo para reforzar o lateral esquerdo, afectado polas saídas de Rubén Duarte e de Javi López. Pola súa parte, o Celta queda tan só cun lateral esquerdo, Ristic, que abandonou con molestias o primeiro amigable da tempada, ante o Benfica.

Manu Sánchez chegou a Balaídos a pasada campaña para reforzar a zaga celeste, e disputou 28 partidos, entre liga e copa, nos que deu cinco asistencias. Foi o máis empregado na súa posición, xa que Ristic, que tivo problemas de lesión e foi da partida en 15 encontros.

O Celta alixeira masa salarial coa cesión do madrileño, que buscará demostrar a súa valía en terras vascas e volver a Vigo nas mellores condicións posibles. O club celeste queda agora con poucos efectivos na posición de lateral esquerdo, e pode que se mova no mercado para buscar un substituto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade