Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mapi León e Patri Guijarro abandonan a concentración da selección

Foto EFE
G24.gal 20/09/2023 12:00 Última actualización 20/09/2023 12:50

As futbolistas do F. C. Barcelona Patri Guijarro e Mapi León abandonaron esta mañá a concentración da selección española.

Son as dúas xogadoras que onte lograron o salvoconduto para deixar a convocatoria co compromiso da Federación Española de non ser sancionadas.

"É unha realidade que a situación para Patri e para min é diferente á do resto de compañeiras", dixo a xogadora barcelonista.

"Non foron as maneiras nin as formas de volver e non estamos en condicións. Isto é un proceso", dixo León ao abandonar a concentración en Oliva

"Onte conseguimos chegar a unha comisión mixta. Estamos coas nosas compañeiras, pero si que é unha situación diferente e é bastante duro. Persoalmente, estar aquí, como aconteceu todo... mentalmente non estás", comentou Guijarro.

Despois de máis de seis horas de reunión co CSD e a Federación, as internacionais lograron o compromiso federativo de que calquera futbolista que quixese abandonar a concentración podería facelo sen represalias:

"Dúas xogadoras solicitaron a posibilidade de abandonar a concentración. Isto non vai implicar sanción", anunciou de madrugada Víctor Francos, presidente do CSD.

Tamén explicou que a saída se debía a "motivos de ánimo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos