Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marcha a chuvia e chega un anticiclón con moita calor

Marcha a chuvia e chega un anticiclón con moita calor

O mércores e o xoves os termómetros acadarán os 30 graos en boa parte do país

A AEMET anuncia máis calor e menos chuvia do normal no vindeiro trimestre

G24.gal 06/05/2024 14:10

Seguimos co paraugas sobre a cabeza, pero cambiamos o uso. No canto de para a auga, a partir de agora vai protexernos do sol.

Entra este luns o anticiclón con ganas de facerse notar. Comezamos semana con temperaturas suaves ou incluso frescas a primeira hora, pero a medida que avancen os días, imos poñernos xa en modo verán. A previsión fala de máis de 20 graos dende mañá martes, e o termómetro chegará ata os 30 o mércores e o xoves.

Con todo, segundo os datos da Aemet, aínda que os últimos días foron fríos e houbo moita auga, abril foi un mes moi cálido, cun grao de media por riba do valor normal. E a previsión para o vindeiro trimestre -meses de maio, xuño e xullo- é de menos chuvia e máis calor do que corresponde á época do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade