Cargando resultados...
Margarita Robles deixa aberta a posibilidade de entrar a formar parte do escudo antimísiles alemán
Margarita Robles deixa aberta a posibilidade de entrar a formar parte do escudo antimísiles alemán
Alemaña impulsa un sistema de defensa aéreo ao que se unen outros catorce países
G24.gal
14/10/2022 14:02
Alemaña impulsa un sistema de defensa aéreo ao que se unen outros catorce países, todos membros da OTAN menos Finlandia, que xa mostrou a súa intención de unirse á Alianza Atlántica. Dese proxecto non forman parte Francia, Italia e España.
A creación do escudo antimísiles proposto por Alemaña é a medio prazo. Non antes de dous anos, segundo a ministra de Defensa, Margarita Robles. Deixa tamén aberta a posibilidade de incorporarse no futuro.
España xa forma parte do escudo antimísiles da OTAN posto en marcha no 2010.