Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Guardiola toma posesión como presidenta da Xunta de Estremadura

María Guardiola toma posesión como presidenta da Xunta de Estremadura

Guardiola comprometeuse a crear unha Estremadura chea de oportunidades

G24.gal 17/07/2023 20:45 Última actualización 17/07/2023 20:53

María Guardiola tomou posesión este luns como presidenta da Xunta de Estremadura.

É a primeira muller que preside o executivo estremeño.

Guardiola tomou posesión no Museo Nacional de Arte Romana de Merida.

Aínda non deu a coñecer o Goberno, só desvelou quen ocupará a Consellería de Agricultura.

A do Mundo Rural será para Vox, o partido que facilitou a presidencia da Xunta ao PP.

Dixo Guardiola que aspiraba a crear unha Estremadura chea de oportunidades.

"O voso futuro será o meu desvelo. O meu compromiso é firme. O noso empreño por sacar esta terra da súa situación será diario, constante e sólido. Imos sacar Estremadura da súa posición habitual, no final das clasificacións, na beira dos proxectos", comprometeuse María Guardiola, presidenta da Xunta de Estremadura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade