Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Pérez e Álvaro Martín son os reis da marcha mundial

María Pérez e Álvaro Martín son os reis da marcha mundial

María Pérez arrebátalle o trono mundial dos 35 quilómetros marcha a Kimberly García

Álvaro Martín, cun tempo de 2h24:30, logra récord nacional

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 24/08/2023 10:44 Última actualización 24/08/2023 10:49

A española María Pérez, plusmarquista mundial de 35 quilómetros, converteuse este xoves en Budapest, cun tempo de 2:38:40 en campioa do mundo da distancia, apenas catro días despois de gañar a medalla de ouro nos 20, arrebatando o trono internacional da distancia á peruana Kimberly García, segunda, que gañou o pasado ano en Eugene.

María Pérez referendou na praza dos Heroes de Budapest a súa hexemonía como auténtica raíña da marcha internacional ao completar un dobrete de ouro (35 e 20 km) que a converte na primeira muller española en gañar dúas medallas nun mesmo Mundial de atletismo e na segunda atleta da historia en conseguilo xunto con Álvaro Martín, que tamén fixo dobrete en Budapest uns minutos antes.

Álvaro Martín, cun tempo de 2:24:30, récord nacional, proclamouse este xoves campión do mundo de 35 quilómetros marcha. Cinco días despois de celebrar o triunfo nos 20 quilómetros, o estremeño volveu levantar os brazos de gañador na Praza dos Heroes de Budapest para colgar a súa segunda medalla de ouro e converterse no primeiro español en conquistar dúas preseas nun mesmo Mundial ao longo da historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade