María Sanjurjo e César Carballeira, dous coruñeses campións do mundo de hóckey
María Sanjurjo e César Carballeira, dous coruñeses campións do mundo de hóckey
É a primeira vez na historia do deporte español que a selección foi campioa nas categorías masculina e feminina á vez
María Sanjurjo e César Carballeira proclamáronse campións do mundo coas seleccións absolutas feminina e masculina de hóckey sobre patíns esta fin de semana no mundial que se celebraba en Novara, en Italia.
É a primeira vez na historia do deporte español que a selección foi campioa nas categorías masculina e feminina á vez. Ademais, os dous coruñeses conseguiron ver porta nas súas respectivas finais.
🏆🏆 ¡𝐂𝐀𝐌𝐏𝐄𝐎𝐍𝐄𝐒 𝐃𝐄𝐋 𝐌𝐔𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐎𝐑 𝟏𝟖ª 𝐕𝐄𝐄𝐄𝐄𝐄𝐄𝐙! 🏆🏆
— RFEPatinaje (@FedPatinaje) September 22, 2024
🤩¡La selección absoluta masculina es la nueva campeona del mundo tras superar a Argentina🇦🇷 por 1-2!🥇
¡𝐇𝐈𝐒𝟏𝟖𝐑𝐈𝐀 𝐃𝐄𝐋 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐀𝐍̃𝐎𝐋! 🇪🇸#HockeyPatines #WSG2024 #TeamESP🇪🇸 pic.twitter.com/DLxXERqC7A
Foi a segunda coroa para Sanjurjo, que fora campioa en 2019 en Barcelona. E segunda final na que marca un tanto decisivo. Aínda que o seu papel neste mundial foi moito máis decisivo. Titular en todos os partidos. Foi unha das mellores xogadoras do campionato.
¡𝐂𝐀𝐌𝐏𝐄𝟖𝐍𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐋 𝐌𝐔𝐍𝐃𝐎! 🥹
— RFEPatinaje (@FedPatinaje) September 21, 2024
🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆🏆
¿No creo, no? PUES SÍÍÍÍÍÍÍ ¡La selección femenina más laureada del deporte español lo ha vuelto a hacer! 🥇#HockeyPatines #WSG2024 #TeamESP🇪🇸 pic.twitter.com/SuADAEnIWy