María Sanjurjo, César Carballeira e Ignacio Alabart, tres coruñeses campións do mundo
María Sanjurjo, César Carballeira e Ignacio Alabart, tres coruñeses campións do mundo
Os tres foron recibidos polo conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo
Día de intensa emoción en Riazor. Parabéns e apertas a moreas, ambiente de felicidade. Non todos os días se xuntan dous campións do mundo de hóckey da casa. Porque nesta casa se criaron César Carballeira e María Sanjurjo. Un e a outra decisivos nas finais do mundial, ambos con senllos goles que levaron as seleccións españolas masculina e feminina ao máis alto. O temperán gol de Carballeira destronou a Arxentina
"Foi moi rápido. Estou moi orgullosos. O que fixemos foi incrible".
Un sorriso adorna a cara de María Sanjurjo cando revive o seu gol, o que lle poñía a sentenza á final feminina diante de Portugal
"No momento non es moi consciente. Aínda estou baixando da nube".
Con só 23 anos, é o segundo ouro mundial para a xogadora galega. O primeiro para Carballeira, que ten amáis dúas Eurocopas. Pero ningún deles é conformista. Queda moito por gañar.
O terceiro campión do mundo é Ignacio Alabart. Alabart, o xogador do Barcelona, César Carballeira e María Sanjurjo foron recibidos polo conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. Alabart viaxou desde a Cidade Condal para asistir a este acto.