Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marilar Aleixandre, premio Nacional de Narrativa 2022 por 'As malas mulleres'

Marilar Aleixandre, premio Nacional de Narrativa 2022 por 'As malas mulleres'

A obra premiada é unha crónica sobre a situación das mulleres nos cárceres no século XIX

Escoita a entrevista sobre o premio e a súa obra no Diario Cultural

EFE 25/10/2022 15:29

A escritora Marilar Aleixandre, narradora, poeta e tradutora foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022, pola súa obra 'As malas mulleres' (Galaxia), unha crónica sobre a situación das mulleres nos cárceres durante o século XIX.

O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros e recoñeceu, segundo o fallo do xurado, "a súa orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe".

Ademais, o xurado sinalou que “a obra recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral".

A autora "pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais”, indicou o xurado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade