Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marín honra o seu patrón coa tradicional danza das espadas

Marín honra o seu patrón coa tradicional danza das espadas

A celebración é Festa de Interese Turístico de Galicia

G24.gal 29/09/2024 20:22 Última actualización 29/09/2024 22:11

A danza das espadas de Marín é unha tradición que se remonta a 1639. Con ela os marinenses honran a san Miguel Arcanxo, o patrón da vila e dos mariñeiros.

O baile, en que participan homes, mulleres, nenos e nenas, comezou no adro do templo novo ante a imaxe do santo.

De alí saíu despois a procesión polas rúas da localidade. Unha marcha con parada marcada na praza de España, onde o público se congregou a ver as danzas, e máis tarde a queima das madamitas.

Desde 2010 esta celebración é Festa de Interese Turístico de Galicia, pola súa singularidade, arraigamento e valor cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar