Mario Gómez cre na remonta ante o Betis Deportivo
Mario Gómez cre na remonta ante o Betis Deportivo
Os de Yago Iglesias xogan a volta da eliminatoria o domingo ás 18:00
O Pontevedra enfróntase ao Real Betis Deportivo o vindeiro domingo ás 18:00 no estadio de Pasarón. Os de Yago Iglesias teñen que remontar o 1-0 en contra do partido de ida para certificar o seu ascenso á Primeira Federación, cunha vitoria sería suficiente polo súa vantaxe en caso de empate global.
Mario Gómez, un dos indiscutibles na zaga pontevedresa, falou esta mañá en rolda de prensa.O defensa sevillano afirmou que non podían volver a cometer os erros da ida e intentar saír agresivos, pois é "a última bala" que lles queda para acadar o obxectivo do ascenso. Dende o club informárono de que todo apunta de que probablemente o estadio estará cheo, o que o defensa califica de "moi importante" para os seus intereses dada a gran importancia da súa xente neste tipo de partidos.
Afirma que é posible crearlles ocasións, que xa o fixeron na ida sen fortuna ,e que volverán a intentalo dende o primeiro momento. Malia todo, Mario non se fía do conxunto andaluz ao que cualifica de "quinto camuflado", ao ter unhas capacidades e un xogo como para liderar o campionato. O defensa tamén quixo enviar unha mensaxe de apoio para o verde e branco Mawuli, mancado no partido de ida e que todo apunta que cunha gravidade maior do agardado.
Por último, Mario Gómez afirmou que, malia que soamente recibiran dous tiros en contra, había cousas que mellorar do partido de ida, especialmente da primeira parte. Afirmou que na casa poderán darlle o máis mínimo ao seu rival polo gran perigo que teñen.