Marlaska evita vincular a Marrocos cos casos de expionaxe da Pegasus
Marlaska evita vincular a Marrocos cos casos de expionaxe da Pegasus
O ministro do Interior destaca a relación fiable e de cooperación que existe con Marrocos
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, evitou este luns vincular a Marrocos cos casos de espionaxe a políticos en España co sistema Pegasus e destacou a relación fiable e de cooperación que existe con este país.
"Non fagamos especulacións. Eu sempre dixen que as especulacións son absolutamente impropias", declarou
O ministro do Interior fixo estas declaracións durante un acto esta mañá en Santiago de Compostela.
"Sempre o digo e díxeno: as relacións con Marrocos son moi importantes, as relacións estratéxicas de lealdade, fiabilidade e fraternidade".
Grande-Marlaska, inmediatamente despois, asegurou que estes lazos "mantivéronse, mantense e manterase".
O ministro referiuse ao país africano como un "socio estratéxico" e "absolutamente leal" a España, co que hai relacións "baseadas na confianza mutua e encomendadas ao século XXI" que hai que "profundar".