Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marrocos valora o apoio de España aos seus plans de autonomía para o Sáhara

Marrocos valora o apoio de España aos seus plans de autonomía para o Sáhara

Rabat "aprecia altamente as posicións positivas"de España sobre o Sáhara

A Fronte Polisario acusa de "traizón" o Goberno español

G24.gal 19/03/2022 08:15

Marrocos considera que a carta do presidente do Goberno español ao rei Mohamed VI, na que encomia o plan de autonomía marroquí para o Sahara Occidental, "permite prever unha folla de ruta clara e ambiciosa para inscribir de xeito duradeiro" a asociación bilateral entre España e Marrocos.

Nun comunicado, o Ministerio marroquí de Asuntos Exteriores agrega que Marrocos "aprecia altamente as posicións positivas e os compromisos construtivos de España sobre a cuestión do Sahara marroquí" contidos na mensaxe de Pedro Sánchez, quen proximamente viaxará a Marrocos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar