Cargando resultados...
Marta Ortega adquire o pazo de Aián, do século XVI, por tres millóns de euros
Marta Ortega adquire o pazo de Aián, do século XVI, por tres millóns de euros
O pazo está situado na parroquia de Sigrás, no concello coruñés de Cambre
Foto Xacopedia
G24.gal
08/02/2022 07:59
Marta Ortega, a futura presidenta de Inditex, acaba de comprar o pazo de Aián, un inmoble que data do século XVI e polo que pagou uns tres millóns de euros.
O pazo está situado na parroquia de Sigrás, no concello coruñés de Cambre, e está próximo ao pazo de Anceis, propiedade do seu pai Amancio Ortega.
A compra deste inmoble podería responder ao desexo de Marta Ortega de utilizalo como segunda residencia.