Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marta Ortega é desde hoxe a presidenta non executiva de Inditex

Marta Ortega é desde hoxe a presidenta non executiva de Inditex

A filla do fundador Amancio Ortega ocupa o posto en que estaba Pablo Isla desde hai 17 anos

Serán responsabilidade de Ortega as áreas de Auditoría Interna, Secretaria Xeral e do Consello e Comunicación

G24.gal 31/03/2022 23:14

Marta Ortega, filla menor do fundador de Inditex, colle o temón da empresa este venres cunha aposta por manter o modelo de negocio con máis de 6.000 tendas repartidas polo mundo e uns beneficios récord. 

Inditex asegura así o relevo xeracional da compañía cunha muller que conducirá desde o primeiro de abril o futuro das oito marcas do grupo. O cambio acordouse en novembro tras as mudanzas de hábitos de consumo durante a pandemia e a reorganización da rede de tendas e persoal. 

A filla de Amancio Ortega, de 38 anos, emprende esta nova etapa como presidenta non executiva, acompañada polo conselleiro delegado Óscar García Maceiras, que leva no cargo dende novembro. A filla do empresario galego pasa a ser presidenta con cualificación xurídica de conselleira dominical mentres que as funcións executivas se trasladan a García Maceiras.

A nova presidenta terá baixo a súa responsabilidade directa as áreas de Auditoría interna, Secretaría Xeral e do Consello e Comunicación.

Canto ao seu soldo, o Consello de Administración de Inditex proporalle á Xunta Xeral de Accionistas que cobre 900.000 euros anuais polo seu desempeño máis outros cen mil euros como conselleira. A nova presidenta leva 15 anos traballando no grupo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade