Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zara dálle a benvida ao Nadal cun espectacular 'pop-up' na súa tenda insignia da Coruña

Zara dálle a benvida ao Nadal cun espectacular 'pop-up' na súa tenda insignia da Coruña

Uns 600 metros cadrados do establecemento quedaron convertidos ata principios de xaneiro nun mercado típico destas datas

Un coro de peluches é a principal novidade dun espazo que volve pensar sobre todo nos máis pequenos

G24.gal 05/12/2024 13:36 Última actualización 05/12/2024 16:09

A menos de tres semanas para a Noiteboa, o ambiente de Nadal é cada vez máis palpable. Desde este xoves, por exemplo, no centro da Coruña, veciños e visitantes poden gozar do ambiente espectacular que cada ano se crea na macrotenda que o grupo Inditex ten na contorna da praza de Lugo. 

Había expectación pola estrea da decoración de Nadal desta tenda insignia de Zara na céntrica rúa Compostela. Da mesma forma que o ano pasado, toda a planta cero, arredor de 600 metros cadrados, quedaron convertidos ata principios de xaneiro nun mercado típico destas datas, presidido por unha árbore de Nadal de cinco metros de altura. 

A principal novidade é un coro de peluches no espazo onde o ano pasado había unha pequena pista de xeo. Os cativos volven ser os grandes protagonistas, cunha zona de contacontos, un escritorio máxico ao pé das caixas de correo onde os máis cativos poden depositar as súas cartas aos Reis Magos e Papá Noel, unha zona de empaquetado personalizado e unha cafetería en que se pode degustar o típico chocolate con churros propio destas datas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar