Cargando resultados...
Marta Ortega, remuda xeracional en Inditex
A filla menor do fundador entra na cúpula directiva da multinacional
G24.gal
08/03/2022 15:42
O próximo 1 de abril Marta Ortega converterase na presidenta non executiva de Inditex. O grupo empresarial fundado polo seu pai afronta novos desafios despois de superar con éxito a crise da pandemia da covid. Ela non ten experiencia de xestión a ese nivel pero é unha gran coñecedora do produto. Esa foi a base sobre a que Amancio Ortega creou o imperio empresarial do que agora toma as rendas unha nova xeración.