Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marta Ortega supervisará tres áreas de Inditex como presidenta non executiva

Marta Ortega supervisará tres áreas de Inditex como presidenta non executiva

Terá baixo a súa responsabilidade directa as áreas de Auditoría Interna, Secretaría Xeral e do Consello e Comunicación a partir do 1 de abril

G24.gal 17/03/2022 13:15

Marta Ortega, filla do fundador do grupo Inditex Amancio Ortega ocupará o cargo de presidenta non executiva o próximo 1 de abril e terá baixo a súa responsabilidade directa as áreas de Auditoría Interna, Secretaría Xeral e do Consello e Comunicación.

Segundo se recolle no informe anual da compañía remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Marta Ortega tamén desempeñará as "funcións inherentes" ao cargo de presidenta do Consello.

Marta Ortega foi nomeada por cooptación presidenta non executiva de Inditex o pasado 29 de novembro, tras a vacante por renuncia de Pablo Isla aos seus cargos de presidente e membro do Consello de Administración. 

Precisamente o Consello de Administración de Inditex proporá á xunta xeral de accionistas unha modificación pola que Marta Ortega pasaría a cobrar en metálico 900.000 euros ao ano polo seu novo desempeño, aos que se engadirían outros 100.000 euros polo seu posto como conselleira.

A nova presidenta do grupo, de 38 anos, leva desde os 23 anos traballando na empresa en diversos postos, desde a experiencia en tenda ata os departamentos de Finanzas, Contabilidade ou Deseño.

A multinacional Inditex, que engloba marcas como Zara ou Pull&Bear, gañou 3.243 millóns no seu exercicio fiscal de 2021 (pechado o pasado xaneiro), case o triplo que en 2020, e quedou tan só un 11 % por baixo da marca de ganancias do prepandémico 2019. 

Pablo Isla deixará a final de mes o grupo, tras 17 anos á fronte e cun último ano en que triplicou o beneficio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade