Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martín Ochoa chega para reforzar a ofensiva lucense

Martín Ochoa chega para reforzar a ofensiva lucense

O Deportivo cede ao seu canteirán a terras lucenses para coller experiencia

O dianteiro tiña todas as papeletas para sair, e tentará destacar na 1 RFEF

Martín Ochoa, coa 'albivermella' do Lugo Martín Ochoa, coa 'albivermella' do Lugo
G24.gal 23/08/2024 15:52

Últimas balas para a cartucheira do Lugo de cara ao seu inicio ligueiro. O dianteiro Martín Ochoa muda as costas coruñesas pola muralla lucense e porase ás ordes de Lolo Escobar un día antes do seu debut. O mozo chega cedido para coller minutos e ser importante.

Ao Lugo faltáballe pólvora arriba debido ao incerto futuro de Antonetti, ao que moitos ven fóra de Lugo, en ligas superiores, e á incógnita de Willy Ledesma, que ten que volver de lesión. Este é contexto perfecto para que Ochoa demostre o que vale e gañe un posto no once de Lolo.

O acordo é de unha cesión por un ano, pero ten unha peculiaridade. Fontes próximas aos clubs apuntan a unha cláusula que obrigaría ao Lugo a pagar máis pola cesión se Martín Ochoa non acada un número determinado de minutos. Polo tanto, se Martín rende ben, non só axudará no deportivo, senón que tamén contribuirá a que o C. D. Lugo faga menos desembolso económico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos