Cargando resultados...
Martín Rey: "É un orgullo gañar esta carreira. Xa teño un gran resultado no meu palmarés"
Martín Rey: "É un orgullo gañar esta carreira. Xa teño un gran resultado no meu palmarés"
O ciclista do CC Padronés-Cortizo venceu na Volta a Galicia
G24.gal
17/09/2023 15:23
Ata os últimos metros non se decidiu esta edición da rolda ciclista. Martín Rey puido neutralizar o ataque de Samuel Fernández xa nas rúas de Pontevedra, cidade que albergou a meta da cuarta e última tirada. Dende o 2017 non gañaba un corredor galego esta competición, sendo o arousán o máis novo en facelo.
"É incrible. Gracias ao equipo, fixemos un gran traballo. Samuel púxoo moi difícil. Na meta puiden reducir a vantaxe. Sabía que se lle podía facer longo porque arrincou con moita forza. Aínda teño que asimilalo. Sinto moito orgullo por este triunfo. Deume forzas escoitar o meu nome por todo o percorrido. É un gran resultado no meu palmarés".