Más de 30.000 persoas opositan a unha praza sanitaria especializada
Más de 30.000 persoas opositan a unha praza sanitaria especializada
Ofértanse 11.607 postos, a maior oferta aprobada polo Ministerio de Sanidade, un 5 % máis ca o ano pasado
Este sábado, a partir das 16:00 horas, comezan en todo o país as probas para acceder a unha das 11.607 prazas de Formación Sanitaria Especializada.
Un total de 30.066 persoas están convocadas a un exame en formato test que empezará e rematará á mesma hora en 28 localidades, polo menos una por comunidade autónoma.
Trátase da maior oferta de prazas aprobada polo Ministerio de Sanidade, un 5 % máis ca o ano pasado (436 máis). O groso destes postos van para Medicina, con 8.772 prazas e 13.990 aspirantes, e Enfermería, con 2.108 postos e 9.010 aspirantes. Séguelles, a distancias, Farmacia, Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.
Atención Primaria
Nesta convocatoria o Ministerio de Sanidade quere reforzar a precaria situación da Atención Primaria cunha oferta de 2.492 prazas en Medicina Familiar e Comunitaria, só 37 máis ca o ano pasado, pero en liña ascendente ininterrompida desde 2020, cando se convocaron 2.224.
Con este aumento, Sanidade tenta paliar unha das especialidades menos atractivas que, ano tras ano, presenta vacantes e ten as maiores taxas de abandono. No 2023, quedaron sen cubrir 131 prazas, e 93, un ano antes.
As 8.772 prazas de Medicina supoñen un aumento do 3 % respecto ao ano pasado, e delas 614 resérvanse para persoas con discapacidade.
Outras especialidades
Enfermería oferta un 7 % máis de prazas que na convocatoria previa. A especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria, con 891 prazas, é a que presenta maior oferta, e refórzase respecto a convocatorias pasadas.
Farmacia conta nesta convocatoria con 340 prazas e 1.559 aspirantes, por diante de Psicoloxía (247 prazas e 3.850 postulantes), Bioloxía (65 prazas e 1.071 solicitantes), Física (48 postos e 305 opositores) e Química (27 prazas para 279 candidatos).
Segundo o Ministerio de Sanidade, agárdase que o inicio dos actos de adxudicación de prazas comece en abril e a incorporación á praza adxudicada teña lugar a finais de maio.