Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas máis de cincuenta persoas en Rusia durante os funerais de Navalni

Detidas máis de cincuenta persoas en Rusia durante os funerais de Navalni

O maior número de arrestos produciuse nas cidades siberianas de Novosibirsk e Omsk

G24.gal 02/03/2024 08:50 Última actualización 02/03/2024 09:49

Más dun cento de persoas foron detidas en toda Rusia durante os funerais do líder opositor ruso, Alexéi Navalni, soterrado este venres na capital rusa entre estritas medidas de seguridade.

Aínda que o enterro tivo lugar en Moscova, o maior número de detencións produciuse nas cidades siberianas de Novosibirsk e Omsk, onde enviaron a comisaría 35 persoas, segundo informa a organización OVD-Info, que vela polos dereitos das persoas arrestadas.

En Moscova detiveron 14 persoas e na capital dos Urais, Yekaterimburgo, considerada a cidade máis liberal do país, houbo unha decena de apresados.

Os funerais en Moscova transcorreron sen apenas incidentes, tanto ao redor da igrexa onde se instalou a capela ardente coma no cemiterio de Borísovo onde recibiu sepultura. Durante os funerais escoitáronse lemas contra a guerra e o Kremlin.

Despedida multitudinaria

O cemiterio situado no sueste de Moscova tivo que pechar e reabrir as súas portas en varias ocasións ante a grande afluencia de xente que quixo despedir o opositor, falecido o 16 de febreiro de xeito repentino nunha prisión ártica.

A familia e os seus seguidores responsabilizan directamente o presidente ruso, Vladimir Putin, da súa morte.

O candidato pola paz, Boris Nadezhdin, ao que as autoridades denegaron a posibilidade de concorrer ás eleccións presidenciais do 17 de marzo, chamou á cidadanía rusa a "perder o medo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade