Cargando resultados...
Massimo Dutti amplía a súa tenda en Allariz
Massimo Dutti amplía a súa tenda en Allariz
E a tenda máis antiga da marca e a primeira de Galicia en empregar persoas con discapacidade para atender os clientes
A partir de agora conta con dúas plantas, unha para roupa de home e outra para muller
G24.gal
25/11/2021 14:19
O outlet de Massimo Dutti en Allariz, o máis antigo da marca e o primeiro de Galicia en empregar persoas con discapacidade para atender os clientes, amplía instalacións tras catorce anos funcionando.
A tenda dálles traballo actualmente a 6 persoas, pero outras 24 que empezaron nela están agora en tendas ordinarias.
Cúmprese deste xeito un dos obxectivos principais do seu proxecto de inclusión, que é servir de ponte para integrar laboralmente as persoas con discapacidade.