Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máxima tensión en Venezuela na véspera da toma de posesión presidencial

Máxima tensión en Venezuela na véspera da toma de posesión presidencial

Chavismo e oposición miden as súas forzas convocando manifestacións en Caracas

A cúpula do PP asistirá esta tarde á protesta convocada en Madrid

Reuters
G24.gal 09/01/2025 14:36 Última actualización 09/01/2025 21:06

Chavistas e opositores miden hoxe as súas forzas nas rúas de Caracas. María Corina Machado prometeu saír da clandestinidade e asegura que vai participar nunha das marchas convocadas na capital en contra do Goberno de Maduro.

Tamén o líder opositor, Edmundo González Urrutia, arestora en Santo Domingo, insiste en que vai acudir mañá a Caracas para xurar como xefe de Estado. Non desvela como pretende entrar en Venezuela e burlar a orde de captura que pesa sobre el.

O chavismo, pola súa parte, reforza os controis de seguridade, intensifica as detencións e chama os seus a manifestarse nas rúas contra o que cualifica de intento de golpe de Estado da oposición.

A oposición venezolana convocou manifestacións en moitas capitais do mundo. Tamén en Madrid haberá unha protesta ás seis desta tarde. Nela participará a cúpula do PP e o actual líder, Núñez Feijóo, estará acompañado dos expresidentes Rajoy e Aznar. O Goberno de España xa anunciou que non enviará ningún representante á toma de posesión de Nicolás Maduro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade