Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra o interese polos produtos de segunda man

Medra o interese polos produtos de segunda man

Aumenta un 90 % a compravenda de artigos usados

Por un futuro máis responsable
G24.gal 21/08/2024 15:09

Mercar produtos usados e vender os que xa non precisas deixou de estar estigmatizado, agora está de moda, non só entre a xente nova.

"A xente nova si que é certo que acode bastante máis a este tipo de tendas pero si que foi cambiando bastante. Antes a xente maior era un pouco reticente", apunta David Pájaro, vendedor en Nolotire.

"Hai anos vías que a xente que viña a este tipo de tendas era como dicías ti estigmatizada, é dicir, estes van aí porque non teñen onde caer mortos, era un pouco a historia, non? Agora todo iso está cambiando, a xente ve que se está primando reutilizar cousas que moitas veces temos tiradas na casa e que a outro lle poden valer e se podo mercar o mesmo que xa está fabricado a un prezo menor, pois moito mellor para todos", explica un cliente.

O prezo é sen dúbida un dos alicientes á hora de mercar segunda man, pero non o único 

"De feito a roupa de segunda man, na miña opinión ten moita mellor calidade que a roupa actual, con diferenza, é máis orixinal e axuda un montón ao medio ambiente e a xente que merca de segunda man está moito máis concienciada co medio ambiente e é máis consciente do que fai", comenta unha rapaza.

"É un xeito de venda sostible, dálle unha segunda oportunidade e tes a opción de poder adquirir roupa que che gustan a baixo custo", conta un home.

 "A maioría segue sendo xente que busca certo estilo, marcas, Adidas, Nike e que é máis accesible de segunda man", conta Eva Gómez, dependenta en Kamaleón Vintage.

Nos últimos tres anos a compravenda de produtos de segunda man medrou un 90 %.

"Na tenda física dende logo que si", confirma Eva Gómez.

E nas plataformas dixitais tamén. A sociedade é cada vez máis consciente da necesidade de reutilizar, reducir o consumo enerxético e fomentar a economía circular. Pero moito ollo coa cantidade de produtos que vendemos porque dende o 1 de xaneiro hai unha directiva europea que obriga a tributar por máis de 30 transaccións anuais ou por un importe de ingresos superior aos 2.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar