O salón CarOutlet reúne na Coruña máis de 700 vehículos de ocasión
O salón CarOutlet reúne na Coruña máis de 700 vehículos de ocasión
Oito de cada dez coches vendidos en Galicia en 2023 eran de segunda man
O evento celébrase no recinto de Expocoruña e durará ata o próximo domingo
Oito de cada dez galegos que cambiaron de coche o ano pasado optaron por un modelo de segunda man. Para quen baralle esta opción está a feira CarOutlet. O recinto de Expocoruña reúne ata o próximo domingo máis de setecentos vehículos de ocasión das principais marcas.
A maioría son vehículos seminovos e quilómetro cero. Chegan ao salón con prezos especiais e todas as garantías.
"A metade deles, por exemplo, levan garantía do fabricante de tres anos e mesmo hai a posibilidade de coller ampliación de garantía, mantemento... Son practicamente as mesmas garantías que un vehículo novo", explica Víctor España, un dos comerciais do salón.
O mercado de ocasión é o motor do sector galego da automoción. En Galicia a venda de coches usados cuadruplica a de modelos novos, aínda que ata marzo houbo un descenso de máis de dous puntos en comparación co primeiro trimestre de 2023. A xente busca prezos axustados e valora a dispoñibilidade inmediata.
Mercar un coche de segunda man é arredor dun 5 % máis caro que hai un ano.