Medran as denuncias das comunidades contra veciños que poñen a lavadora de noite
Medran as denuncias das comunidades contra veciños que poñen a lavadora de noite
As sancións por perturbar de noite os veciños poden chegar e mesmo superar os 1.500 euros
Medran as denuncias por poñer lavadoras e outros electrodomésticos pola noite sen respectar o descanso dos veciños. O programa de centrifugado das lavadoras pode oscilar, segundo a antigüidade, o estado e as características do electrodomésticos, entre os 70 decibeles e os 58.
Unhas cifras que superan os límites marcados nas normativas municipais durante o horario nocturno.
A pesar disto, hai xente que continúa poñendo a funcionar a lavadora en horario nocturno para aproveitar a tarifa máis barata.
Os niveis máximos de ruído nas comunidades de propietarios están regulados na Lei de ordenación da edificación, na de propiedade horizontal, na Lei de ruído así como noutras normas autonómicas e ordenanzas municipais.
En cidades como Vigo hai cada vez máis comunidades de propietarios que presentan denuncia formal contra os veciños ruidosos.
As sancións por perturbar de noite os veciños poden chegar e mesmo superar os 1.500 euros. Ademais, se a sentenza é estimatoria podería esixirse mesmo unha indemnización. O aforro no recibo da luz pode acabar saíndo moi caro.