Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unhas obras inacabadas xeran humidades e danos en varios edificios de Lugo

Unhas obras inacabadas xeran humidades e danos en varios edificios de Lugo

Urxen o Concello de Lugo á execución subsidiaria das obras necesarias

G24.gal 28/01/2025 14:23

As obras nun céntrico edificio da cidade de Lugo están a xerar polémica. Iniciáronse hai 25 anos e quedaron inacabadas, e dende entón non deixan de orixinarlles problemas aos veciños. Falta parte do tellado e fíltrase toda a auga cara abaixo. O segundo andar quedou inhabitable e, grazas a poñer plásticos, subsisten os do primeiro, pero entre fendas, goteiras e humidades.

O problema esténdese tamén aos dous edificios lindeiros. Fíltrase auga a través das paredes medianeiras e tanto as escaleiras como os cuartos están cheos de humidades.

Os veciños levan anos litigando, non só polos seus danos, senón polo perigo que supoñen estas obras para os viandantes, e xa se rexistraron diversos desprendementos.

As constantes reclamacións veciñais conseguiron a través do Valedor do Pobo que se impuxesen multas ao propietario e lograron tamén a execución subsidiaria das obras. Con todo, quéixanse que dende o Concello de Lugo seguen dilatando o proceso e urxen a execución dos arranxos necesarios pola seguridade de veciños e peóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade