Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian inacción de Telefónica ante un poste perigoso para viandantes en Paderne

Denuncian inacción de Telefónica ante un poste perigoso para viandantes en Paderne

O poste está no lugar de Chantada, no Camiño Inglés a Santiago, e é unha vía concorrida pola veciñanza

O alcalde denuncia que a empresa responsable desoe as reclamacións e pídelle que actúe xa

O poste en risco de caer está no Camiño de Santiago ao paso por Chantada, no concello coruñés de Paderne
G24.gal 28/01/2025 14:09

Un poste de telefónica no lugar de Chantada, concello coruñés de Paderne, perdeu a verticalidade hai meses e segue en risco de caer a pesar das reclamacións da veciña máis próxima e do propio alcalde á empresa responsable. Antonio pasa co seu coche por aquí frecuentemente e coñece das xestións da veciña.

 "Foi o que me dixo ela, que chamara a Telefónica para que viñeran mirar o poste, que caera, que lle tirara a rede para fóra. E que chamara a Telefónica varias veces, que chamara e que mandara un escrito e que non lle fixeron caso".

O alcalde de Paderne, Sergio Platas, acabou acudindo a denunciar publicamente a inacción de Telefónica. Segundo nos dixo, requiriu á empresa por dúas veces para que solucionara un problema que se prolonga meses. A última vez, dixo, foi en outubro.

O pau podreceu pola parte en contacto co solo e inclinouse cara ao camiño. Lugar de tránsito de veciños, peregrinos e vehículos. Suxéitano os cables e o valado de arame, pero o seu risco de caída aumenta cando zoa o vento. Varias persoas expresaron fóra de cámara que é un punto de moito perigo na mobilidade. Antonio confía en que o valo siga sostendo o pau.

Un dos cables que saían do pau xa está partido e outro pendurando baixo. O que parece moi probable é que as condicións atmosféricas e o paso dos días acrecentan a perda de verticalidade deste poste telefónico na parroquia padernesa de Souto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade